O pasado 11 de xullo, coa presidencia do Moi Honorábel Señor Pasqual Maragall, presidente da Generalitat de Cataluña, Linguamón – Casa das Linguas constituíu o seu Comité Científico Internacional. O comité está integrado por un grupo de expertos de renome internacional, cuxo obxectivo é o asesoramento de contidos, a achega científica e a difusión da iniciativa.
O Comité está presidido polo prestixioso lingüista galés David Crystal, que deu un discurso sobre a importancia da vitalidade das linguas, e formado por expertos en diversos campos de coñecemento como por exemplo a lingüística, a socioloxía ou a economía.
Os membro son os seguintes:
Presidente. David Crystal, País de Gales. Autoridade de referencia en lingüística. Escritor, editor, profesor, cabaleiro da Orde do Imperio Británico dende o 1995. Deuse a coñecer especialmente grazas ao seu traballo de investigación sobre os estudos de lingua inglesa, e tamén sobre a entoación e a estilística e sobre a aplicación da lingüística en contextos relixiosos, educativos e clínicos, en concreto no desenvolvemento dun grupo de técnicas de identificación lingüística con finalidades diagnósticas e terapéuticas. Actualmente é catedrático honorario de lingüística na Universidade de Gales (Bangor) e presidente da National Literacy Association (Asociación Nacional pola Alfabetización) do Reino Unido, entre outras ocupacións.
Peter Austin, Australia. Lingüista e director do Programa Académico sobre Linguas Ameazadas. Profesor da School of Oriental and African Studies da Universidade de Londres. Experto en linguas australianas.
Colin Baker, País de Gales. Profesor da Universidade de Gales, Bangor. Experto en educación e bilingüismo.
Ayo Bamgbose, Nixeria. Lingüista africanista e profesor emérito da Universidade de Ibadan. Experto en linguas africanas e en política lingüística.
Jean Claude Corbeil, Quebec. Doutor en lingüística pola Universidade de Estrasburgo; exdirector dea Oficina da Lingua Francesa do Quebec, e asesor do Goberno quebequés en política lingüística.
M. Carmen Garmendia, País Vasco. Exconselleira de Cultura e exviceconselleira de Política Lingüística do Goberno vasco.
François Grin, Suíza. Catedrático de economía da Universidade de Xenebra e especialista en lingua, formación e economía.
Monica Heller, Canadá. Sociolingüista e profesor da Universidade de Toronto. Experta en inmigración.
M. Carme Junyent, Cataluña. Profesora de lingüística xeneral da Universidade de Barcelona, actual presidenta do Grupo de Estudos de Linguas Ameazadas (GELA).
Luis Enrique López, Bolivia. Profesor da Universidad Mayor de San Simón, de Cochabamba, e asesor principal do Programa de Formación en Educación Intercultural Bilingüe para os Países Andinos.
Guillem López Casasnovas, Menorca. Economista e conselleiro do Banco de España. Catedrático de economía da Universidade Pompeu Fabra.
Isidor Marí, Ibiza, España. Sociolingüista. Director dos Estudos de Humanidades da Universitat Oberta de Cataluña (UOC). Experto en política e planificación lingüísticas.
Marianne Mithun, Estados Unidos de América. Profesora da Universidade de California de Santa Bárbara. Investigadora de linguas minoritarias de América do Norte.
Juan Carlos Moreno, Madrid, España. Catedrático de lingüística xeneral da Universidade Autónoma de Madrid, autor de moitos estudos sobre as linguas do mundo e sobre a diversidade lingüística.
Peter Mühlhäusler, Australia. Profesor de lingüística na Universidade de Adelaida e membro supernumerario do Linacre College, Oxford. Está especializado en planificación lingüística, ecolingüística, linguas crioulas e en comunicación intercultural.
Òscar Pujol, Cataluña. Doutor en sánscrito pola Banaras Hindu University. Director de programas educativos da Casa Asia de Barcelona.
Xavier Sala i Martín, Cataluña. Economista de prestixio internacional e profesor de economía da Universidade de Columbia e profesor visitante de economía na Universidade Pompeu Fabra.
Joe Sheils, Reino Unido. Membro do Consello de Europa. Xefe da Área de Política Lingüística do Consello de Europa. Experto en educación.
Jesús Tuson, Valencia, España. Profesor de lingüística xeneral na Universidade de Barcelona. Autor de diversos libros sobre lingüística e de divulgación sobre diversidade lingüística.
Llorenç Valverde, Mallorca, España. Catedrático de ciencias da computación e intelixencia artificial e actual vicerreitor de tecnoloxías da Universitat Oberta de Cataluña (UOC). Experto en tecnoloxías da información e a comunicación.
Colin Williams, País de Gales. Sociolingüista. Profesor da Universidade de Cardiff. Experto en ciencias sociais, xeografía humana e planificación lingüística.