|     Contacta connosco      |     

LINGUAMÓN - Casa de les Llengües

Quen somos

Inicio > Casa das Linguas  > Quen somos

Quen somos

Linguamón - Casa das Linguas

Linguamón - Casa das Linguas é un organismo creado polo goberno da Generalitat de Cataluña que ten como obxectivo a promoción das linguas do mundo como: 

• vehículo de comunicación, de civilización e mais de diálogo, 
• fonte de desenvolvemento persoal, creatividade humana e como patrimonio da humanidade,  
• dereito das persoas e mais das comunidades lingüísticas. 

Todas as linguas son importantes e serven para comunicármonos, pensarmos e crearmos novos trebellos e máquinas, expresarmos sentimentos ou resolvermos conflitos a través do diálogo, á marxe do número de persoas que as falen. De feito, para unha comunidade lingüística, a lingua propia é a que pode facer mellor estas funcións.

Traballamos para que se recoñeza o valor de cada lingua, para facilitarmos a súa convivencia e cooperamos con especialistas e mais organizacións que comparten estes obxectivos. Sen esquecermos, nun mundo conectado con Internet, a necesidade de que todas as linguas poidan estar presentes na sociedade da información e mais nas novas tecnoloxías. 

Linguamón – Casa das Linguas é un consorcio formado inicialmente pola Generalitat de Cataluña, o Centro UNESCO de Cataluña e mais a Fundación Fórum Universal das Culturas.

Una nueva mirada
Generalitat de Catalunya
Casa de les Llengües ©