Na Mediterránea, a palabra cultura escríbese en plural. Os pobos desta mar entre terras puideron compartir porque, primeiro, souberon crear; e volveron crear mentres compartían. Deste xeito fixeron as paisaxes, as cociñas, as casas e as linguas, sobretodo as linguas.
As linguas constitúen a chave de bóveda das culturas. Vencéllannos co pasado e proxéctannos cara o futuro. Un futuro que queremos compartir, máis aínda na Mediterránea, unha rexión do mundo que algúns pretenden fronteira de civilizacións e que nós reivindicamos coma espazo de intercambio.
A exposición A mar de linguas permite observar a Mediterránea desde unha óptica non moi habitual: a das súas linguas.
A casa das linguas convídavos a descubrir unha mar de linguas, unha visión da Mediterránea que vos sorprenderá.
Podedes poñervos en contacto con nós no enderezo linguamon@linguamon.cat.