|     Contacta connosco      |     

LINGUAMÓN - Casa de les Llengües

As linguas da Mediterránea

Inicio > Diversidade lingüística  > Les llengües del món  > As linguas da Mediterránea

As linguas da Mediterránea

Les llengües de la Mediterrània

Cando falamos das linguas da Mediterránea, cómpre facer unha breve precisión sobre a escolla que Linguamón - Casa das Linguas fixo para esta base de datos. 

As linguas que atoparán nesta sección se dividen en dous grandes bloques:

  • as linguas territoriais que teñen costa no Mar Mediterráneo; 
  • as linguas que, a causa de diversos procesos históricos, son faladas actualmente na Mediterránea.     

Segundo estes criterios, linguas como por exemplo o galego ou o bretón non apareceran como linguas da Mediterránea porque os seus dominios lingüísticos respectivos non están na costa, aínda que se falen en dous estados mediterráneos como o son o francés e o español.

Por outra banda, linguas como por exemplo o inglés son presentes na nosa base de datos xa que, a causa de diversos procesos históricos, é oficial na illa de Malta e en Xibraltar.  

Dende unha perspectiva territorial, na Mediterránea conflúen linguas de tres familias lingüísticas: 

  • a indoeuropea, representada polas  linguas románicas, as eslavas meridionais, o grego e o albanés.
  • a afroasiática representada polas linguas semíticas (co hebreo e o árabe, principalmente) e amazic ou bérber (coas súas diferentes variedades).
  • a altaica, co turco como representante máis significativo.    

A historia lingüística da Mediterránea é enormemente contrastada, dado, por unha banda, viviu dúas das expansións lingüísticas máis contundentes —a do latín e a do árabe— e, por outra, é paradigma da coexistencia de comunidades lingüísticas ben diversas.
 
Como en tantas outras mares do mundo, as rutas mariñas da Mediterránea serviron para ir tecendo contactos entre pobos moi diversos. O testemuño destes intercambios plasmouse en lugares lingüístico de arredor do mundo. 

A modo de exemplo: o grego conta cun gran número de palabras como por exemplo catálogo, diamante, papel ou traxedia, palabras usadas por linguas que non teñen nada que ver coa Mediterránea. A través do grego, a cultura exipcia transmitiu tamén ao mundo verbas como por exemplo papiro ou pirámide. Moitos nomes de animais, que xa forman parte dos dicionarios da maioría de linguas do planeta, son tamén de orixe grega: balea, camelo, crocodilo, dromedario, avestruz, hipopótamo, leopardo, rinoceronte, tartaruga... Ademais de fornecernos termos abondos do ámbito cotián (corda, pedazo, estante ou sandalia), o grego continúa sendo actualmente unha fonte para a creación de palabras novas, os neoloxismos, e de palabras que se constrúen a partir do grego ou do latín, os chamados cultismos (teléfono, hipocondría, metafísica, heteroxéneo, etc.).

O papel do grego para fornecer con neoloxismos e cultismos é compartido por outra lingua tamén mediterránea, o latín; unha lingua que, cos séculos, diversificouse nas linguas románicas, que se estenderon como linguas oficiais de estados de todos os continentes. A través destas linguas, ás que, posteriormente, se engadiu o inglés, chegaron a todas partes do mundo palabras como por exemplo auditorio, espónsor, fantasía, foro, índice ou páxina, entre moitas outras. 

O árabe achegou tamén moitos termos ás linguas do mundo a través deste espazo de intercambio que é a Mediterránea. Verbas como por exemplo cero, cifra, aritmética ou álxebra, e outras máis cotiáns como algodón, berenxena ou almacén, poden ser identificadas en moitas linguas faladas na actualidade. 

Ademais das palabras, outro testemuño do intercambio lingüístico entre os pobos da Mediterránea foi a lingua franca, lingua empregada nos portos desta mar dende a época das cruzadas ata principios do século XX polos mariños e comerciantes europeos, turcos e árabes. A base da lingua franca mediterránea é fundamentalmente románica, pero  tamén con elementos gregos, turcos ou árabes. 

Hoxe emprégase o termo lingua franca para referírmonos a calquera lingua empregada como medio de comunicación entre dous ou máis grupos —ou persoas— que non comparten unha lingua común. Neste sentido, o arameo é un exemplo claro de lingua franca empregada na antigüidade no Próximo Oriente e ao longo da costa oriental da Mediterránea, ata que foi reemprazada nesta función polo árabe a partir do século VII. 

Á parte do inglés, empregado actualmente como lingua franca de rango mundial, algúns exemplos clásicos de lingua franca non europea serían o náhuatl, o suahili e o kate, cuxa expansión provocou numerosos casos de substitución de outras linguas autóctonas. 

Enlaces relacionados

Generalitat de Catalunya
Casa de les Llengües ©