|     Contacta connosco      |     

LINGUAMÓN - Casa de les Llengües

As linguas de Oceanía

Inicio > Diversidade lingüística  > Les llengües del món  > As linguas de Oceanía

As linguas de Oceanía

Les llengües d'Oceania

En Oceanía fálanse arredor de 1.000 linguas, que presentan dúbidas abondo á hora de seren clasificadas. A grandes trazos podemos diferenciar tres grupos:

• as linguas austronésicas; 
• as linguas non austronésicas de Papúa Nova Guinea; 
• as linguas de Australia.   

Algunhas hipóteses afirman que as primeiras migracións procedían de África e chegaron ata a illa de Papúa e a Australia. De acordo con iso, algúns autores propoñen unha familia de linguas australianas e outra indopacífica, que incluiría ademais o tasmaniano, xa estinguido, e as linguas andamenesas.

As linguas austronésicas, divididas nos subgrupos melanesio, polinesio e micronesio, esténdense principalmente pola Polinesia, a Micronesia, a Melanesia e Nova Zelanda. Así, atopamos exemplos dende a illa de Pascua (rapa nui) ou Hawai (hawaiano) ata Nova Zelanda (maorí). O malgaxe, lingua falada en Madagascar, tamén se inclúe dentro da familia austronésica.

A súa clasificación reflicte unha ocupación gradual de illas en xeneral non habitadas. A relación entre as linguas austronésicas foi detectado xa nas primeiras viaxes do capitán Cook. 

As linguas non austronésicas de Papúa Nova Guinea son aínda pouco coñecidas. Por moito que algúns autores as relacionaron co tasmaniano e as linguas andamanesas, outros cren que nin sequera se pode demostrar a relación interna entre elas. A este  grupo pertence o kate, que foi a lingua franca de diversos grupos antes da expansión do tok pisin, e o dani, coñecida como unha das poucas linguas do mundo con só dous termos para designar colores.

No caso das linguas de Australia, das aproximadamente 750 linguas que se falaban na illa cando a chegada dos europeos, actualmente quedan arredor de 200, moitas delas só cos derradeiros falantes. 

A pesar destes precedentes, as linguas de Oceanía non puideron resistir a presión da colonización e é o lugar do mundo onde máis linguas autóctonas desaparecen. O samoano, lingua oficial en Samoa ou falada por unhas 130.000 persoas en Samoa é unha das poucas excepcións.  

Un caso ben curioso é a lingua chamada beach-la-mar, unha mestura de inglésfrancéscastelán e de diversas linguas indíxenas. Esta lingua emprégase coma ponte na zona do Pacífico non francófono e ten, incluso, un dicionario e unha literatura.

O francés e o inglés gozan de oficialidade en case todos os estados de Oceanía. Exceptuando Vanuatu, que ten como linguas oficiais o inglés, o francés e o bislama, e exceptuando Nova Caledonia ou a Polinesia Francesa, onde a lingua oficial é o francés, a lingua oficial en boa parte do estados de Oceanía é o inglés. 

O xaponés, o chinés e o hindi  tamén foron introducidos en diversos lugares de Oceanía como por exemplo en Hawaii, onde aínda se fala chinés e xaponés, ou as illas Fidji onde hai aínda falantes de hindi.  

No caso das linguas de Papúa Nova Guinea, o estado con máis diversidade lingüística do mundo, a opción do tok pisin como lingua oficial semella que constitúe unha ameaza para as linguas da zona.

Algunhas palabras provintes de linguas de Oceanía tiveron unha gran difusión a través do inglés. Entre estas podemos inclúe ukelele (hawaiano), tabú e tatuaxe (tongano) e kiwi (maorí). Das linguas australianas chegounos a palabra búmerang, que é en orixe o nome dun grupo étnico local, e tamén algúns nomes de animais como por exemplo dingo, coala e canguro.

Generalitat de Catalunya
Casa de les Llengües ©