|     Contacta connosco      |     

LINGUAMÓN - Casa de les Llengües

Xestión do multilingüismo

Inicio > Xestión do multilingüismo

Xestión do multilingüismo

Xestión do multilingüismo

Nun restaurante podemos pedir paella, rosbif, tabule ou cuscús e un marron glacé. Para bebermos, un portochampaña e rematarmos cun coñac ou unha caipirinha.

A linguaxe culinaria é un exemplo do feito de que as nosas sociedades se ven enriquecidas arreo por outras culturas e linguas. E é que en todo o mundo as linguas propias dun territorio conviven con outras linguas.

Esta diversidade tense que tratar axeitadamente para que a riqueza cultural que representa continúe a existir. A perda desta diversidade podería comportar a desaparición dalgunhas linguas e mesmo unha perda cultural e mais de identidade. Detrás das linguas hai persoas.

Linguamón – Casa das Linguas propón unha xestión eficaz do multilingüismo para construír un mundo baseado na equidade e mais na igualdade. Por iso, quere ser un centro difusor das formas máis respectuosas, as boas prácticas, para tratar o multilingüismo.

Con este obxectivo, difunde as experiencias que se mostraron exitosas en todo o mundo, propón modelos de actuación e dá a coñecer a experiencia catalá a través do Centro Internacional de Boas Prácticas en Multilingüismo.
 

Generalitat de Catalunya
Casa de les Llengües ©