|     Contacta connosco      |     

LINGUAMÓN - Casa de les Llengües

Sostibilidade lingüística

Inicio > Sostibilidade lingüística

Sostibilidade lingüística

Sostibilidade lingüística

Hoxe, case que 5.500 especies animais do planeta están en perigo de extinción. Igualmente,  máis da metade das aproximadamente 6.000 linguas que actualmente se falan poden desaparecer ao longo deste século segundo a UNESCO .

O planeta será ecoloxicamente sostíbel se o progreso económico ou industrial non pon en perigo o medio natural. Da mesma maneira, será sostíbel lingüisticamente se se garante a supervivencia das linguas á marxe do número de falantes ou o peso político e económico que teñan. 


Trátase, logo, de acadar que as linguas poidan convivir. Que a potencia de unhas non comporte a desaparición das outras. Que convivan sen estableceren relacións de dominación nin de subordinación.


Por iso, en Linguamón – Casa das Linguas coidamos que cómpre levar adiante esforzos mundiais para que a sociedade sexa consciente da importancia de preservar as linguas e mais as culturas do mundo.

Traballamos para que todos os gobernos, dende os locais ata os internacionais, se comprometan na protección e mais na promoción das linguas. E tamén para que os cidadáns manteñamos unha actitude aberta para as novas culturas, sen esquecermos da nosa. Linguamón – Casa das Linguas traballa, en definitiva, polo recoñecemento e mais a dignidade de todas as linguas e de todos os seus falantes.

O mundo pódese desenvolver e intercomunicar sen necesidade de destruír os recursos lingüísticos e mais culturais que nos identifican.

Generalitat de Catalunya
Casa de les Llengües ©