Linguamón – Casa das Linguas pon en marcha Linguamón Boas Prácticas en Multilingüísmo, un servizo aberto a todas as comunidades lingüísticas para promover as linguas do mundo dun xeito igualitario e equitativo.
Linguamón Boas Prácticas quere contribuír dun xeito activo e positivo á sostibilidade das linguas, e para facelo dirixe a súa actividade á promoción e á difusión de boas prácticas de xestión do multilingüísmo e da diversidade lingüística que se levaron a cabo con resultados satisfactorios por parte de diferentes comunidades lingüísticas.
Linguamón Boas Prácticas propónse tamén asesorar, mediante informes e recomendacións, as institucións (gobernos, entidades e empresas) que queren modificar a xestión das linguas para adoptar criterios de respecto da diversidade lingüística.
Linguamón Boas Prácticas diríxese a:
• Ás institucións gobernamentais e non gobernamentais que queren adoptar os criterios de sostibilidade e de respecto da diversidade lingüística.
• Ás institucións gobernamentais que queren contribuír á preservación da diversidade lingüística dentro do seu territorio.
• Ás entidades, asociacións e empresas que queren revisar ou modificar as normas de uso lingüístico.
• Aos profesionais da xestión e a planificación lingüísticas, do ensino de linguas, aos especialistas en lingüística aplicada, en sociolingüística,....
• Ao público xeral.