Unha boa práctica é un modo de xestionar o multilingüísmo que contribúe a mellorar e modificar de forma significativa a situación dunha lingua.
A boa práctica responde a unha necesidade detectada a partir do estudo da situación de partida ou a unha demanda explicitada.
A boa práctica:
• Dá resposta a unha nova necesidade.
• Incide nun ámbito previamente detectado como deficitario.
• Vehicula as actuacións de resposta xa existentes con outros recursos, innovacións: metodolóxicas, tecnolóxicas, etc.
As boas prácticas, ademais de propoñer novos xeitos de actuar, han de poder adaptarse ás características das diferentes comunidades e, especialmente, deben contribuír ao fortalecemento da comunidade lingüística coa participación da cidadanía e do sector asociativo.