Todas as boas prácticas poden ser axeitadas e útiles sempre que se faga a adaptación necesaria. A xestión da transferencia é un dos servizos de Linguamón Boas Prácticas.
O obxectivo deste servizo é facilitar a adaptación da boa práctica ás necesidades reais do receptor mediante un método de traballo que incorpora, entre outros, a análisi de necesidades e establecemento de prioridades, a organización de visitas, a redacción de informes de observación e o deseño de formación a medida.
Outras iniciativas complementarias son: elaboración de escolmas cos recursos disponibles para a xestión do multilingüísmo; elaboración de recomendacións sobre o tratamento do multingüísmo nas organizacións; establecemento de criterios para a adopción de prácticas multilingües, etc.
Prevénse sistemas de axudas para o financiamento de proxectos derivados da transferencia de boas prácticas e para a adaptación de recursos, entre outros.