Este servizo concrétase no establecemento de liñas de traballo para o fomento e desenvolvemento de proxectos internacionais de cooperación e codesenvolvemento entre entidades da mesma lingua ou de linguas diferentes.
O servizo de cooperación permite establecer pontes de diálogo e de contacto entre comunidades lingüísticas para levar a cabo proxectos relacionados coa adopción de boas prácticas.
Para facer posible a viabilidade financeira da adaptación de boas prácticas trabállase cos organismos de codesenvolvemento públicos e privados, para que teñan en conta nos seus programas de actuación os proxectos vinculados á diversidade lingüística e á xestión do multilingüísmo.