Unha das canles esenciais de difusión das boas prácticas é o directorio de boas prácticas en multilingüísmo.
O obxectivo do servizo de difusión é promover a adopción de boas prácticas por parte de institucións, administracións e empresas. Algúns dos instrumentos que se empregarán con esta fin son:
• Crear un estado de opinión favorable á adopción de boas prácticas mediante a combinación de diferentes iniciativas: presentacións públicas en xornadas e congresos, organización de ciclos de conferencias, colaboración na organización de espazos de debate e de participación, elaboración de escolmas temáticas, implicación dos medios de comunicación, etc.
• Elaborar e difundir informes sobre a situación das linguas e facer propostas e recomendacións.
• Reforzar positivamente as boas prácticas mediante o recoñecemento público: crear premios específicos e favorecer que outros organismos valoren as boas prácticas de xestión do multilingüísmo nas convocatorias de premios.
• Dar soporte á elaboración de materiais pedagóxicos para os diferentes destinatarios; materiais que reforcen o respecto á diversidade, a xestión do multilingüísmo e a adopción de boas prácticas.
• Acordar sistemas de colaboración con organismos públicos, entidades cívicas e asociacións pola posta en funcionamento de boas prácticas.